Exposición: Daquela non poderías
Concello: Moaña
Lugar: Paseo da Alameda, Moaña
Mostra fotográfica ao aire libre sobre os dereitos e as actividades cotiás que a ditadura franquista prohibía ás mulleres ou sometía á autorización marital. Sete paneis combinan imaxes e textos sobre autonomía económica, educación e vida diaria. Organiza a Concellaría de Memoria Histórica de Moaña. Hai réplicas de pequeno formato nas luminarias da Xunqueira, San Bartolomeu e Domaio.