DESCUBRE MOAÑA OUTONO: Ruta literaria O último barco
Concello: Moaña
Lugar: Estación marítima de Moaña
Ruta literaria polos escenarios da novela O último barco de Domingo Villar, seguindo os pasos de Leo Caldas e Estévez pola costa de Tirán, a igrexa de San Xoán e o miradoiro da Mona. Percorrido de 2 km, dificultade baixa e duración aproximada de dúas horas. Inscrición previa por WhatsApp no 611 080 853, indicando nome completo, ruta e número de persoas. De balde, con 30 prazas e lista de espera. Ao rematar pódese realizar unha achega voluntaria á asociación.