Presentación de A península das casas baleiras, David Uclés
Concello: Moaña
Lugar: Salón de Plenos da Casa do Concello, Rúa As Barxas 2
Presentación da tradución galega de «A península das casas baleiras», de David Uclés, traducida por Moisés Barcia e publicada por Rinoceronte Editora na colección Nova. Forma parte das xornadas «Moaña con Memoria». A novela segue a historia da familia Ardolento a partir de 1936 e combina memoria histórica e realismo máxico. Organiza o Concello de Moaña.