Rechouchíos: A alquimista con Cristina Collazo
Concello: Moaña
Lugar: Casa de Cultura Castroviejo, Tirán, Moaña
Narración oral para público a partir de 3 anos, con contos, experimentos sinxelos, plantas e libros, e historias de mulleres inventoras. Con interpretación en lingua de signos de XOGA. Programa municipal Rechouchíos para público infantil e familiar. Entrada de balde ata completar a capacidade. Organizan as concellarías de Normalización Lingüística, Cultura e Igualdade.