BuMoCa

Rechouchíos: Contos e cancións do mar con Babaluva Títeres

venres, 18 de setembro de 2026 · 18:00 - 19:30

Concello: Moaña

Lugar: Auditorio Celso Parada do C.S.C. Daniel Castelao, Moaña

Monicreques de Babaluva Títeres para nenas e nenos a partir de 3 anos. Historias e cancións do mundo mariño protagonizadas por sardiñas, rodaballos, caranguexos, peixes abisais e polbos, con cancións populares e jazz. Programa municipal Rechouchíos para público infantil e familiar. Entrada de balde ata completar a capacidade. Organizan as concellarías de Normalización Lingüística, Cultura e Igualdade.

Abrir evento en BuMoCa