Exposición: HeArt of Gaza, Arte infantil desde o xenocidio
Concello: Moaña
Lugar: Sala de Exposicións do Concello Vello, Moaña
Exposición de arte infantil desde o xenocidio. Mostra itinerante desde Gaza ao mundo, proxecto de Mohamed Timraz. Organiza Morrazo x Palestina (BDS Galiza), coa colaboración do Concello de Moaña. Na Sala de Exposicións do Concello Vello, do 15 ao 30 de setembro. Horario publicado: De luns a venres: 12:00–13:30. Tardes: 17:30–20:30. Pecha os domingos. Clausura o 30/09 ás 19:30 con Dani Blanco e Ze Pumar. Información municipal: 986 310 100.