DÍAS DE MAR: Exposición «Sete Mares»
Concello: Moaña
Lugar: Estaleiro da Seara, Moaña
Exposición «Sete Mares. Mariñeiros de ferro en barcos de pau», da Asociación Devanceiros do Mar. Inclúe fotografías de mariñeiros de Moaña e da súa contorna traballando en mares e océanos de todo o mundo e maquetas de embarcacións que percorren a historia da navegación. Aberta de 17:00 a 19:00; domingos pechada.