BuMoCa

Cineclub: Sorry, Baby

venres, 13 de novembro de 2026 · 21:00 - 22:43

Concello: Cangas

Lugar: Auditorio Municipal de Cangas Xosé Manuel Pazos

Cine Outono 2026. Filme dirixido por Eva Victor; duración publicada 103 minutos. Algo grave pasou na vida de Agnes que alterou profundamente a súa relación co mundo e con ela mesma, pero arredor súa a vida continúa. A visita da súa mellor amiga da época de estudante saca á luz ese feito que aínda a atormenta. Comeza a decatarse do estancada que estivo e comeza a buscar a maneira de tirar para adiante. Tras o seu paso por Sundance e pola Quincena de Realizadores de Cannes, Sorry, Baby converteuse nunha das sensacións do cine independente da tempada. Cota socios: 0 €; non socios: 4,50 €. Reserva na ficha da sesión.

Información no calendario

Ver todos os próximos eventos