Concerto: Lidia India
Concello: Cangas
Lugar: O Adro, Rúa Real 26, Cangas
Concerto de Lidia India co espectáculo «Orixes» en formato trío. A cantora e compositora ferrolá mestura a raíz galega con percusión, instrumentos tradicionais, electrónica e ritmos afrobrasileiros. Gañadora do Premio Martín Códax da Música 2026 na categoría de Músicas do Mundo e Mestizaxe. Entradas: 8 € anticipada e 10 € na billeteira. Venda no Adro, Carlete e Wells Libros; reservas por WhatsApp no 722 45 60 13.