BuMoCa

II Xornadas do videoxogo galego

venres, 2 de outubro de 2026 · 18:30 - 20:30

Concello: Cangas

Lugar: Sala de exposicións do Auditorio Municipal de Cangas, Av. de Lugo 27A

Xornada gratuíta orientada ás familias para coñecer o uso saudable dos videoxogos e acompañar nenos, nenas e adolescentes no fogar. Ás 18:30, mesa redonda coa psiquiatra Iria Veiga, o médico Galo Martínez e Lucas Costas, experto do MUVI, moderada por Mario Brión (Herr Mario). Ás 20:00, coñece e proba videoxogos en galego; fin da sesión ás 20:30. Espazo aberto a preguntas e debate. Organiza o Concello de Cangas, a través do Servizo de Normalización Lingüística, coa colaboración do MUVI, Deputación e Xunta.

Abrir evento en BuMoCa