XI Gala benéfica contra o cancro
Concello: Cangas
Lugar: Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela, Cangas
Gala da Asociación Española Contra o Cancro presentada por Lina Gallego. Actúan Furafollas Teatro (DOA Saúde Mental), Asociación de Baile Sabor, Coro Nosa Señora do Carme de Moaña, Cuarteto Xaime Velas e Nelson Quinteiro e Máis Cantos. Donativo de 5 €. Entradas no 683 669 914, na sede da AECC (segunda planta do Centro Sociocultural, antiga Casa do Mar, de 11 a 13 h) e no auditorio o día do acto. Recadación destinada ao acompañamento e apoio psicolóxico e social gratuíto a pacientes e familias.