BuMoCa

Presentación de «La mujer del retrato», con Teresa Novoa e Mari Lires

martes, 15 de setembro de 2026 · 19:30 - 20:30

Concello: Cangas

Lugar: Salón de Plenos do Concello de Cangas

Teresa Novoa, ilustradora e tataraneta de Concepción Arenal, conversa con Mari Lires sobre a infancia e a mocidade da pensadora, escritora e pioneira feminista, arredor do libro ilustrado «La mujer del retrato». A obra, escrita por Mónica Rodríguez e ilustrada por Teresa Novoa, reconstrúe a infancia e a xuventude de Concepción Arenal. Organiza a AC Memoria Histórica 28 de Agosto, coa colaboración do Concello de Cangas, Wells Librería e Nórdica Libros.

Abrir evento en BuMoCa