VERÁN EN RUTA: Intermareal, mar á vista
Concello: Cangas
Lugar: Areamilla, Cangas
Ruta guiada gratuíta do programa Verán en ruta 2026, organizada por A Illa dos Ratos. Inscrición previa por WhatsApp no 611 080 853. Percorrido ambiental de 1 km e dificultade baixa, cunha duración aproximada de dúas horas, desde a praia de Areamilla ata a lagoa de Massó. Observación respectuosa da flora e fauna das pozas intermareais; especialmente indicada para que nenas e nenos coñezan a biodiversidade mariña.