Festival de Lembranzas da Ría
Concello: Cangas
Lugar: Xardíns de Félix Soage - Alameda Vella, Cangas, Pontevedra, España
Festival Recalada Sons, organizado pola Asociación Cultural Lembranzas da Ría os días 12 e 13 de setembro. Música e cultura tradicional na Alameda Vella, con actividades tamén no Eirado do Costal, entorno da igrexa e O Adro. Feira de artesanía, cantigas e romances, foliada, espectáculo «Ciclo do ano», cantos de taberna e concertos; consulta as fichas individuais cos horarios.