CONCERTO: Claudio H.
Concello: Cangas
Lugar: O Adro, Cangas
CLAUDIIO H. CANCIÓN MESTIZA NO ADRO 🌍
Nado en Bos Aires e cunha longa traxectoria musical a este lado do Atlántico, Claudio H chega ao Adro acompañado de Quim Farinha e Carlos Freire.
Claudio define o que fai como canción mestiza: unha música sen demasiadas fronteiras na que se cruzan ritmos africanos e de América do Sur, sons brasileiros, reggae, funk, swing e jazz. Cancións para bailar, pero tamén para escoitar.
Unha viaxe por ritmos, linguaxes e músicas de diferentes lugares do mundo.
📅 Martes 21 de xullo 🕙 22:00 h 🎟️ Billeteira inversa
Lembra traer efectivo para colaborar co artista!