BuMoCa

Folklore de Martin Bruhn

mércores, 15 de xullo de 2026 · 22:00 - 23:30

Concello: Cangas

Lugar: O Adro, Cangas

Concerto de Folklore de Martin Bruhn, con Joaquín Galván e Mono Banegas. Folk/ARX. Entradas: 13 € anticipada / 15 € en taquilla. Venda en O Adro, Carlete, Wells e no WhatsApp 722 456 013.

FOLKLORE CHEGA AO ADRO 🌾

Batería, percusionista e produtor arxentino, Martín Bruhn chega ao Adro acompañado de Joaquín Galván e Mono Banegas para presentar FOLKLORE, o seu novo traballo: 12 pezas que percorren a música tradicional suramericana, revisitando ritmos e cancións populares desde unha mirada propia e contemporánea.

Ao longo da súa traxectoria, Martín compartiu música e proxectos con artistas como Jorge Drexler, Lila Downs, Andrés Calamaro, Rozalén, Sílvia Pérez Cruz ou Depedro. Un percorrido que fala do nivel e da amplitude musical dun artista que leva anos transitando entre tradicións, ritmos e escenas.

Un concerto para achegarnos aos sons da outra beira do Atlántico da man de tres músicos cunha traxectoria brutal.

Abrir evento en BuMoCa