BuMoCa

MOSTRA TEATRO: Frouma e Ópera Pánica

luns, 29 de xuño de 2026 · 22:00 - 23:30

Concello: Cangas

Lugar: ÓPERA PÁNICA: Auditorio Municipal

43 MITCFC - Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Compañía: ETC. Escola de Teatro de Cangas. Procedencia: Galiza. Público: Público Adulto. A ETC é un espazo de referencia teatral e cultural da comarca que ofrece á veciñanza unha opción formativa para achegarse ao teatro e enriquecerse como persoas, tanto individual como socialmente. Unha oferta pedagóxica de proximidade, moi difícil de atopar nunha vila ou comarca, capaz de xerar afección e novos públicos para esta arte. 21:00H · Vestíbulo Auditorio FROUMA: Acción do Curso de interpretación da ETC , impartido por Casilda Alfaro. 22:00 · Auditorio Municipal Cangas ÓPERA PÁNICA: Espectáculo. Alumnado Obradoiro Posta en Escena da ETC impartido por Fran Paredes. A Ópera Pánica descende directamente dos diálogos de pallasos que Jodorowsky tivo a oportunidade de ver nos circos pobres no seu país natal, Chile, creando absurdas e longas intervencións que ían desde inocentes adiviñas con xogos de palabras –pasando por situacións absurdas– ata alcanzar un alto nivel poético e filosófico. Os personaxes da Ópera Pánica, como humildes pallasos e grotescos bufóns, desdeñan a viscosidade psicolóxica, e entran en colisión os uns cos outros, impenitentes autistas, sen cambiar de conduta nin un chisco. É posible que as nosas sociedades de consumo estean a producir masas de tales criaturas… Elenco: Luz Álvarez González, Manuel Boubeta, Pawli Castro, Paula Costa González, Belén Nogueira Bernárdez, Natalia Piñeiro Piñeiro, Fernando Portela Dovalo, Silvia Portela Soage, Mª Carmen Suárez Sobrado, Carlos Zunzunegui Espazo escénico, vestiario, atrezzo, iluminación: ETC Máscaras: IES Johan Carballeira Tratamento máscaras: Álex García Domínguez Selección espazo sonoro: Fran Paredes (a partir de extractos de óperas clásicas) Imaxe e fotografía: Diego Seixo Fuente: https://www.mostrateatrocangas.gal/index.php/es/programacion/programa-mitcfc/item/opera-panica

Abrir evento en BuMoCa