BuMoCa

MOSTRA TEATRO: Enfiando os retrincos do camiño de Ningures, nas pegadas da memoria

sábado, 27 de xuño de 2026 · 20:30 - 21:30

Concello: Cangas

Lugar: Vestíbulo Auditorio Municipal

43 MITCFC - Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Compañía: Teatro de Ningures. Procedencia: Galiza. Duración: 60' Casilda Alfaro Pepa Barreiro Sonia Rúa Dende a súa fundación en 1986, Teatro de Ningures vive por e para o teatro, o teatro que quere facer, un teatro de actualidade, ambicioso, comprometido coa realidade e coa comunidade. A compañía, implicada co seu territorio, nútrese da fabulosa materia prima profesional e social do Morrazo, comarca tradicionalmente vencellada ao teatro, na que abundan artistas en todas as disciplinas: autoría, interpretación, espazo sonoro, escenografía e imaxe. Facemos teatro dende o próximo na procura do universal, así o demostran os máis de 30 espectáculos creados, producidos e distribuidos por toda Galiza e o resto do estado. A nosa actividade creativa complétase cunha área pedagóxica e outra organizativa: A pedagóxica, dende 1999, a través das Aulas de Teatro da Universidade de Vigo e Pontevedra e, dende 2008, coa Escola de Teatro de Cangas. A organizativa a través da Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU), da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) ademáis da creación, organización e dirección do macroespectaculo teatral e musical, “A Defensa da Vila. María Soliña”. Un labor íntimamente relacionado co Teatro Comunitario, un dos piares nos que se fundamenta a nosa principal razón de existir.. Dende a súa fundación en 1986, Teatro de Ningures vive por e para o teatro, o teatro que quere facer, un teatro de actualidade, ambicioso, comprometido coa realidade e coa comunidade. A compañía, implicada co seu territorio, nútrese da fabulosa materia prima profesional e social do Morrazo, comarca tradicionalmente vencellada ao teatro, na que abundan artistas en todas as disciplinas: autoría, interpretación, espazo sonoro, escenografía e imaxe. Facemos teatro dende o próximo na procura do universal, así o demostran os máis de 30 espectáculos creados, producidos e distribuidos por toda Galiza e o resto do estado. A nosa actividade creativa complétase cunha área pedagóxica e outra organizativa: A pedagóxica, dende 1999, a través das Aulas de Teatro da Universidade de Vigo e Pontevedra e, dende 2008, coa Escola de Teatro de Cangas. A organizativa a través da Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU), da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) ademáis da creación, organización e dirección do macroespectaculo teatral e musical, “A Defensa da Vila. María Soliña”. Un labor íntimamente relacionado co Teatro Comunitario, un dos piares nos que se fundamenta a nosa principal razón de existir. Fuente: https://www.mostrateatrocangas.gal/index.php/es/programacion/programa-mitcfc/item/enfiando-os-retrincos-do-camino-de-ningures-nas-pegadas-da-memoria

Abrir evento en BuMoCa