FEGATEA na MITCFC
Concello: Cangas
Lugar: Xardíns de Félix Soage - Alameda Vella, Cangas, Pontevedra, España
43 MITCFC - Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Compañía: Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA). Procedencia: Galiza. Público: Todos. Duración: 90' A Federación Galega de Teatro Afeccionado, fundada en 2000, conta actualmente con máis de 60 grupos afeccionados de toda Galicia. A Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA), naceu no ano 2000 na Casa da Cultura de Noia, coa aprobación dos estatutos por maioría. Sobre o documento asinado, destacan obxectivos tan importantes como son a loita pola normalización cultural e lingüística, a promoción e intercambio de experiencias entre os grupos e o debate colectivo. Na actualidade está formada por máis de 60 grupos e é membro organizador do festival internacional PLATTA, xunto con PLATEA Alto Minho e FETACyL (Castela e León). Nesta nova edición da MITCFC contaremos con tres grupos, históricos algúns, outros de recente formación. Asistiremos á representación de tres pezas curtas que se deslizan entre o costumismo social e o teatro contemporáneo. O Trasno Teatro con Daquelas conversas. Teatro das Aras con Un apartamento con vistas. Teatro Escoitade con Barullo.. A Federación Galega de Teatro Afeccionado, fundada en 2000, conta actualmente con máis de 60 grupos afeccionados de toda Galicia. A Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA), naceu no ano 2000 na Casa da Cultura de Noia, coa aprobación dos estatutos por maioría. Sobre o documento asinado, destacan obxectivos tan importantes como son a loita pola normalización cultural e lingüística, a promoción e intercambio de experiencias entre os grupos e o debate colectivo. Na actualidade está formada por máis de 60 grupos e é membro organizador do festival internacional PLATTA, xunto con PLATEA Alto Minho e FETACyL (Castela e León). Nesta nova edición da MITCFC contaremos con tres grupos, históricos algúns, outros de recente formación. Asistiremos á representación de tres pezas curtas que se deslizan entre o costumismo social e o teatro contemporáneo. O Trasno Teatro con Daquelas conversas. Teatro das Aras con Un apartamento con vistas. Teatro Escoitade con Barullo. Fuente: https://www.mostrateatrocangas.gal/index.php/es/programacion/programa-mitcfc/item/fegatea-na-mitcfc-3