SAN MARTIÑO: XXIX Carreira Pedestre — Absoluta
Concello: Bueu
Lugar: Avda. de Montero Ríos, á altura do Museo Massó, Bueu
XXIX Carreira Pedestre de San Martiño, organizada polo Club Atletismo Corredoiras coa colaboración do Concello de Bueu. Proba absoluta para persoas nacidas en 2010 e anteriores, cun percorrido de 6 km. Inscrición: 10 €; inclúe dorsal, froita e bebidas, e un agasallo conmemorativo para inscricións feitas antes do 1 de novembro ás 23:59. Inscrición en CCNorte ata o 3 de novembro ás 23:59. Recollida de dorsais desde as 16:00 na zona de saída e ata 30 minutos antes de cada proba. Cómpre estar na saída 10 minutos antes. Os horarios poden variar ata 10 minutos segundo o desenvolvemento das probas. Non se precisa licenza federativa.