O PODER DA IMAXE: Amencer, de Murnau
Concello: Bueu
Lugar: Auditorio do Centro Social do Mar, Rúa Montero Ríos, Bueu
Proxección de «Amencer» («Sunrise: A Song of Two Humans», 1927), primeira película de F. W. Murnau en Hollywood. Melodrama romántico sobre un triángulo amoroso no que a infidelidade e a redención disputan o corazón dun home, con intriga de crime pasional e trazos de comedia. Recibiu tres premios na primeira edición dos Óscar. Ciclo municipal de cinema mudo «O poder da imaxe», para todos os públicos. Entrada de balde.