O PODER DA IMAXE: Evocare, Canto de emigración
Concello: Bueu
Lugar: Auditorio do Centro Social do Mar, Rúa Montero Ríos, Bueu
Proxección con música en directo da Orquesta Clásica de Vigo e presentación e intervención de Pepe Coira. Evocación do filme desaparecido «Canto de emigración», de Antonio Román (1935), que retrataba os dramas da emigración. Coira reconstrúe o seu rastro a partir de fotogramas, fotografías, guión, recensións e ilustracións. A orquestra interpreta a partitura orixinal de Teódulo R. Páramos, conservada pola súa familia. Ciclo municipal de cinema mudo «O poder da imaxe», para todos os públicos. Entrada de balde.