Entrega dos Premios Johan Carballeira de Poesía e Xornalismo
Concello: Bueu
Lugar: Sala Multiusos do Centro Social do Mar, Bueu
Acto de entrega dos Premios Johan Carballeira de Poesía e Xornalismo, con Jacobo Paz Limia, gañador de poesía con «Mariscadoras», e Manuel Vilas López, premiado en xornalismo coa reportaxe «Nin pirómano nin inocente: o eucalipto arde ben nun rural abandonado». A gala inclúe a actuación performativa «desobediensia» de Nuria Vil, acompañada de lingua de signos. Organiza o Concello de Bueu.