BuMoCa

Presentación do libro «Peixes de luz», de Míriam Ferradáns

domingo, 18 de outubro de 2026 · 12:00 - 13:00

Concello: Bueu

Lugar: Sala Multiusos, 1º andar do Centro Social do Mar, Rúa Montero Ríos 22, Bueu

A Libraría Miranda organiza a presentación de «Peixes de luz», poemario de Míriam Ferradáns ilustrado por Alba Troiteiro e publicado por Faktoría K de Libros na colección Tambo. Un poema longo, fragmentario e coral ambientado nun espazo portuario, que aborda a espera, a intimidade e o desexo das mulleres casadas con mariñeiros. Interveñen Ismael Ramos, poeta, Luís Rei Núñez, director da colección Tambo, e Míriam Ferradáns, autora.

Abrir evento en BuMoCa