Cineclub Bueu: «Un poeta» de Simón Mesa
Concello: Bueu
Lugar: Centro Social do Mar
Proxección do filme «Un poeta», de Simón Mesa, organizada polo Cineclub Bueu. A obsesión de Óscar Restrepo pola poesía non lle reportou ningunha gloria. Envellecido e errático, sucumbiu ao tópico do poeta na sombra. Coñecer a Yurlady, unha adolescente de orixe humilde, e axudala a cultivar o seu talento trae algo de luz aos seus días, pero arrastrala ao mundo da poesía quizais non sexa o camiño.