Exposición Museo Massó: Maletín de cirurxián
Concello: Bueu
Lugar: Museo Massó
A mostra «Un obxecto, unha historia invisible» contextualiza no mundo naval un completo maletín de cirurxián e o seu contido, conservado en magnífico estado. Explica como as longas travesías e os enfrontamentos bélicos fixeron necesario contar a bordo con persoal e equipamento mínimo para atender persoas enfermas e feridas.