VERÁN NA RÚA: A Vela Circo — O último que apague a luz
Concello: Bueu
Lugar: Praza Massó, Bueu
Dous pallasos deciden casar nunha aloucada cerimonia que cuestiona tradicións, con clown, equilibrios sobre torta, manipulación de obxectos e lanzamento do ramo. Espectáculo infantil e familiar con entrada de balde. Elenco: Ana Cuervas e Santiago Montero; dirección de Walter Velázquez. Organiza o Concello de Bueu coa colaboración do programa +Escénicas da Deputación de Pontevedra.