Exposición: En Bueu, onde se non?
Concello: Bueu
Lugar: Sala Amalia Domínguez Búa, Bueu
Exposición de Salvador Santos 'Charri' con fotografías de vinte e tres persoas que levan a cabo diversos labores sociais en Bueu. A mostra estará aberta entre o 17 e o 31 de xullo, de 11.00 a 13.00 h e de 19.00 a 20.30 h, todos os días agás os domingos pola tarde. O acto inaugural foi o 17 de xullo ás 20.00 h no Centro Social do Mar.